Escola Galega de Administración Pública Revistas
Not a member yet
1316 research outputs found
Sort by
Análise de xénero no goberno das universidades españolas
En este estudio se analiza la presencia de las mujeres en algunos de los órganos de gobierno de las universidades españolas. Para ello se revisaron las 77 universidades españolas tanto públicas como privadas, centrando la atención en el género, el cargo y el tipo de vinculación laboral de los gestores universitarios. Se observa como el mayor desequilibrio, en cuanto a número entre hombres y mujeres, se da en las universidades privadas y en menor medida en las públicas. Asimismo los resultados indican que en las universidades dirigidas por mujeres las cuotas por género en el gobierno son semejantes a las dirigidas por hombres.Neste estudo analízase a presenza das mulleres nalgúns órganos de goberno das universidades españolas. Para iso revisáronse as 77 universidades españolas tanto públicas como privadas, centrando a atención no xénero, o cargo e o tipo de vinculación laboral dos xestores universitarios. Obsérvase como o maior desequilibrio, en canto ao número de homes e mulleres dáse nas universidades privadas e en menor medida nas públicas. Así mesmo os resultados indican que nas universidades dirixidas por mulleres as cotas por xénero no goberno son semellantes ás dirixidas por homes
Un percorrido polas distintas formas de Estado en América Latina
Este artículo es un resumen de las diversas formas de Estado por las que ha pasado América Latina desde la independencia hasta el presente. Este ejercicio supone un nivel de abstracción importante para dar cuenta de una realidad compleja y muy dispar para cada una de las unidades estatales consideradas. Se ha buscado un mínimo común denominador de los procesos históricos que muestran, al momento presente, un claro proceso de redefinición de los conceptos de Estado, ciudadanía y participación.Este artigo é un resumo das diversas formas de Estado polas que ten pasado América Latina desde a independencia ata o presente. Este exercicio supón un nivel de abstracción importante para dar conta dunha realidade complexa e moi dispar para cada unha das unidades estatais consideradas. Buscouse un mínimo común denominador dos procesos históricos que amosan, no presente momento, un claro proceso de redefinición dos conceptos de Estado, cidadanía e participación
Da política de laissez-faire á deportación masiva de mexicanos: o efecto da política migratoria estadounidense na migración mexicana
El destino principal de los mexicanos que deciden emigrar, es Estados Unidos. Desde el siglo XIX hasta nuestros días, la política interna estadounidense ha ocasionado efectos en la migración de mexicanos que se dirigen a ese país. Con el objetivo de comprender cómo el flujo migratorio mexicano evolucionó respecto la política migratoria estadounidense, este artículo analiza los cambios contextuales de la política migratoria estadounidense y los efectos que ha tenido en la población migrante mexicana. Se concluye, afirmando que la visibilidad de colectivos migratorios genera una necesidad de control por parte de la opinión pública estadounidense. O destino principal dos mexicanos que deciden emigrar, é Estados Unidos. Desde o século XIX ata os nosos días, a política interna estadounidense ocasionou efectos na migración de mexicanos que se dirixen a ese país. Co obxectivo de comprender como o fluxo migratorio mexicano evolucionou respecto á política migratoria estadounidense, este artigo analiza os cambios contextuais da política migratoria estadounidense e os efectos que tivo na poboación migrante mexicana. Conclúese, afirmando que a visibilidade de colectivos migratorios xera unha necesidade de control por parte da opinión pública estadounidense. 
As augas termais en Ourense. Fonte de desenvolvemento urbanístico e renovación urbana
Las aguas termales de Ourense son un recurso natural de incalculable valor ya utilizado en la época prerromana. Ourense es la segunda ciudad de Europa con el mayor número de emisiones y el mayor caudal. En este artículo analizamos la transformación urbana de la ciudad en los últimos años, centrándonos principalmente en en las áreas de Burgas y Caldas, estudiando el plan actual, las medidas de protección adoptadas, y las acciones de renovación urbana llevadas a cabo en estas áreas que están estrechamente relacionadas con el agua térmica. Asimismo, se analiza la estrategia a seguir tanto en el desarrollo urbano de la ciudad vinculado a las aguas térmica como en la conservación y promoción de estosAs augas termais de Ourense son un recurso natural de incalculable valor xa utilizado en tempos prerromanos.Ourense é a segunda cidade de Europa con maior número de emanacións e maior caudal. Neste traballo analizamos a transformación urbanística da cidade nos últimos anos, centrándonos principalmente nas zonas das Burgas e das Caldas, estudando o plan vixente en cada momento, as medidas de protección adoptadas, e as actuacións de renovación urbana que se levaron a cabo nestes ámbitos estreitamente relacionados coas augas termais. Así mesmo, analízase a estratexia a seguir tanto no desenvolvemento urbanístico da cidade ligado ás augas termais como na conservación e promoción destas
A última reforma da Administración periférica do Estado francés (2007‑2012): análise e comparación co modelo español
Con la Revolución Francesa surgió en Francia un modelo de organización territorial del Estado basado en el centralismo y la profesionalización: el modelo prefectoral. España adoptó este modelo, pero la recurrente presencia del absolutismo impidió que la figura del gobernador civil se profesionalizase. En la actualidad, España es una democracia consolidada que aboga por una definitiva profesionalización de sus autoridades periféricas. En cambio, la inicial convergencia en la forma de distribución territorial del poder, en ambos casos muy centralista, se ha visto superada en España por la consolidación del Estado autonómico. Esta circunstancia determina que los principales problemas a los que se enfrentan las Administraciones periféricas de ambos países hayan cambiado.Coa Revolución Francesa xurdiu en Francia un modelo de organización territorial do Estado baseado no centralismo e a profesionalización: o modelo prefectoral. España adoptou este modelo, pero a recorrente presenza do absolutismo impediu que a figura do gobernador civil se profesionalizase. Na actualidade, España é unha democracia consolidadea que avoga por unha definitiva profesionalización das súas autoridades periféricas. En cambio, a inicial converxencia na forma de distribución territorial do poder, en ambos os dous casos moi centralista, viuse superada en España pola consolidación do Estado autonómico. Esta circunstancia determina que os principais problemas aos que se enfrontan as Administracións periféricas de ambos os dous países cambiasen
Avaliación e seguimento da planificación e da programación: o caso do Plan galego de estatística 2007-2011 e dos seus programas
Se describen los indicadores definidos y calculados para evaluar los instrumentos de planificación y ordenación empleados en el Sistema Estatístico Galego: el plan y sus programas anuales. Para evaluarlos, se emplearon indicadores que reflejan con una medida numérica la ejecución de unas actividades (en el programa) o consecución de unos objetivos (en el plan). En los programas se calculan grados de ejecución, porcentaje de cumplimiento del calendario y cobertura de proyecto técnico para medir no sólo la realización, sino también su puntualidad y su corrección técnica. Para cuantificar la consecución de los objetivos del plan se establecieron otros indicadores, entre ellos los de satisfacción de las metas o de aprovechamiento de las fuentes. Descríbense os indicadores definidos e calculados para avaliar os instrumentos de planificación e ordenación empregados no Sistema Estatístico Galego: o plan e os seus programas anuais. Para avalialos, empregáronse indicadores que reflicten cunha medida numérica a execución dunhas actividades (no programa) ou consecución duns obxectivos (no plan). Nos programas calcúlanse graos de execución, porcentaxe de cumprimento do calendario e cobertura de proxecto técnico para medir non só a realización, senón tamén a súa puntualidade e a súa corrección técnica. Para cuantificar a consecución dos obxectivos do plan establecéronse outros indicadores, entre eles os de satisfacción das metas ou de aproveitamento das fontes
Panorama de Galicia: a instrución técnica de planeamento e outros debates
Si la debilidad histórica del sistema urbano y de la política urbanística, como respuesta al proceso de urbanización, fue determinante en la definición de nuestras estructuras urbanas, la actual debilidad de la dinámica inmobiliaria es una buena oportunidad para debatir la introducción de nuevos instrumentos con los que abordar las necesidades económicas y ambientales del territorio. El artículo propone un análisis de como la planificación urbanística en la segunda mitad del siglo XX influyó en la construcción de los espacios urbanos contemporáneos, para luego abordar la necesaria incorporación de instrumentos menos rígidos, más ajustados a la capacidad de gestión administrativa y orientados a abordar los retos estructurales planteados hace más de dos décadasSe a debilidade histórica do sistema urbano e da política urbanística, como resposta ao proceso de urbanización, foi determinante na definición das nosas estruturas urbanas, a actual debilidade da dinámica inmobiliaria é unha boa oportunidade para debater a introdución de novos instrumentos cos que abordar as necesidades económicas e ambientais do territorio. O artigo propón unha análise de como a planificación urbanística na segunda metade do século XX influíu na construción dos espazos urbanos contemporáneos, para logo abordar a necesaria incorporación de instrumentos menos ríxidos, máis axustados á capacidade de xestión administrativa e orientados a abordar os retos estruturais formulados hai máis de dúas décadas: a revitalización das cidades, a organización dos espazos periurbanos e a integración duns e outro
Xurisprudencia contencioso-administrativa
Explicación de diferentes sentencias apoyando a la Administración Local para: Competencia de los Ayuntamientos para autorizar y condicionar la instalación de estaciones y antenas de telefonía móvil, Reclamaciones de pagos de contratistas de las Administraciones locales. Inaplicación de las medidas cautelares contra la inactividad administrativa establecidas en la reforma de la Ley de lucha contra la morosidad a los contratos celebrados antes de su entrada en vigor, Servicio de recogida y tratamiento de basura. Naturaleza de tasas y no de precio público. Servicio obligatorio. Deber de pago con independencia de que el inmueble al que se refiere la tasa genere o non residuos, Anulación de presupuestos municipales por no ser objeto de negociación colectiva.Explicación de diferentes sentenzas apoianda a Administración Local para: Competencia dos Concellos para autorizar e condicionar a instalación de estacións e antenas de telefonía móbil, Reclamacións de pagamento de contratistas das Administracións locais. Inaplicación das medidas cautelares contra a inactividade administrativa establecidas na reforma da Lei de loita contra a morosidade aos contratos celebrados antes da súa entrada en vigor, Servizo de recollida e tratamento de lixos. Natureza de taxa e non de prezo público. Servizo obrigatorio. Deber de pagamento con independencia de que o inmoble ao que se refire a taxa xere ou non residuos, Anulación de orzamentos municipais por non ter sido obxecto de negociación colectiva
Developing Europe’s financial “safety net” in a time of crisis
This article explains how the deterioration in public finances and the developing sovereign crisis led to the creation of a European financial “safety net”. The different financial instruments (BoP, GLF, EFSM, EFSF, ESM) are the response to specific challenges and what was feasible at a given moment. The financial assistance architecture had to adapt quickly to a rapid evolution of the crisis. The roles of the IMF, the ECB and conditionality are also discussed. The article concludes that a necessary condition for the EU to overcome the crisis is better communication and a resolute deepening of European solidarity via new tools, structures, and frameworks
Entendendo o planeamento municipal en Galicia. A implantación da LOUPMR
El planeamiento urbanístico es una de las tareas más complejas que puede desarrollar una administración local. Existe una escasa investigación de cuáles son los factores que están en relación con la adopción o el rechazo del planeamiento general por parte de los ayuntamientos. En este trabajo se trata de entender, desde una aproximación empírica y teórica, el comportamiento de la administración local en Galicia a la hora de adaptarse a la ley 9/2002 de Ordenación urbanística y Protección del Medio Rural de Galicia. En particular se presta atención a las razones que llevaron a los ayuntamientos (o que fueron reacios) a adaptar su planeamiento a esta ley. O planeamento urbanístico é unha das tarefas máis complexas que pode desenvolver unha administración local. Existe unha escasa investigación de cales son os factores que están en relación coa adopción ou o rexeite de planeamento xeral por parte dos concellos. Neste traballo trátase de entender, desde unha aproximación empírica e teórica, o comportamento da administración local en Galicia á hora de adaptarse á lei 9/2002 de Ordenación urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. En particular préstase atención ás razóns que levaron ós concellos (ou que fixeron reacios) a adaptar o seu planeamento a esta lei