558886 research outputs found
Sort by
Rutas do Camiño de Santiago : o Camiño de Santiago desde o aire
O Camiño de Santiago a vista de paxaro ofrece unha espectacular visión das paisaxes, vilas e cidades polas que atravesa a nosa ruta cara Compostela.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 01/01/1993 - 06/11/2010
Actos litúrxicos e xubilares : Misa do Peregrino e botafumeiro
O rei Xoan Carlos I, xunto á raíña Sofía, realiza a ofrenda ante o Apóstolo Santiago.
Funcionamento do botafumeiro durante a Misa do Peregrino fronte ao altar maior da Catedral de Santiago.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 19/08/1989 - 07/06/2016
Patrimonio arquitectónico, artístico e material do Camiño : peregrinos na Praza do Obradoiro
Peregrinos e turistas disfrutan na Praza do Obradoiro, remate do Camiño de Santiago, dun dos enclaves arquitectónicos máis fermosos de Europa. O recinto está rodeado pola propia catedral, o Colexio de San Xerome, o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Raxoi e o Palacio arcebispal de Xelmírez.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 16-10-2019
Actos litúrxicos e xubilares : ofrenda do rei Filipe VI
O rei Filipe VI, acompañado da raíña Letizia, realiza a ofrenda ao Apóstolo Santiago, patrón de España, no ano 2014. O monarca ten unha lembranza para as vítimas do accidente de Angrois, acontecido o ano anterior. Posteriormente, visita o Pazo de Raxoi e asina no libro de honra do Concello de Santiago, onde son recibidos o alcalde Agustín Hernández Fernández de Rojas, quen os obsequia cun libro de fotografías de Compostela.Vídeo editado dunha gravacion orixinal do 25-07-2014
Programación cultural : "The Way"
No ano 2010 chega ao cine "The Way"; película dirixida por Emilio Estévez e protagonizada polo seu pai, Martin Sheen, fillo dun emigrante galego de Parderrubias, en Salceda de Caselas. O filme rodouse en Galicia en 2009, sendo a primeira vez que as cámaras de cine entraban na Catedral de Santiago.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 04/11/2009 - 20/11/2010
Rutas do Camiño de Santiago : o Camiño Portugués : de Tui a Compostela
O Camiño Portugués, con treitos herdeiros de antigas calzadas romanas, como a Vía XIX, entra en Galicia por Tui e transcorre, entre outras vilas, por Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis e Padrón ata a súa chegada a Santiago de Compostela. A ruta é un nexo máis de unión entre os pobos irmáns de Galicia e Portugal.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 19/07/2016 - 10/07/2019
Rutas do Camiño de Santiago : o Camiño de Fisterra e Muxía
Para moitos peregrinos Compostela non é o destino final. Algúns continúan a súa peregrinación desde Santiago de Compostela ata "a fin do mundo"; atravesando Negreira e Zas ata chegar ao mar en Muxía e Fisterra.Vídeo editado a partir de gravacións orixinais do 19/04/2013 - 15/07/2019
Patrimonio arquitectónico, artístico e material : instalacións e igrexas no Camiño
Os traballos de construción para dotar ao Monte do Gozo de instalacións axeitadas para os peregrinos comezaron no ano 1989.
Tamén podemos ver imaxes aéreas do auditorio do propio Monte do Gozo e dunha cidade de Santiago ateigada de xente.
Así como a fachada da Catedral basílica da virxe da Asunción de Mondoñedo, capital de Galicia ata 1833.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 03-08-1989
Promoción e patrocinio : o Pelegrín
O Pelegrín fíxose moi popular desde o seu nacemento, no Xacobeo de 1993. Non había curruncho en Galicia onde non atoparamos esta simpática mascota.Vídeo editado dunha gravación orixinal do 29-01-1993
Rutas do Camiño de Santiago : as experiencias dos peregrinos II
Peregrinos de distintos países contan como viven o Camiño de Santiago, cales son as razóns que os levaron a facelo e como valoran a súa experiencia na peregrinación por Galicia.Vídeo editado dunha gravacion orixinal do 07-08-2018